Aloxamento para estudantes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

A Xunta de Galicia convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25

Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2024/25 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2023/24 (BOE do 28 de febreiro de 2024).

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 682,85 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.047,11 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.680,89 €.
d) Máis do 30 %: 2.493,98 €.

Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, ata o 19 de xullo de 2024 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o 2 de agosto de 2024 (este incluído).

As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 20 de xuño de 2024 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

* O limiar 2 de renda familiar:
Familias de un membro: 13.898 €
Familias de dous membros: 23.724 €
Familias de tres membros: 32.201 €
Familias de catro membros: 38.242 €
Familias de cinco membros: 42.743 €
Familias de seis membros: 46.142 €
Familias de sete membros: 49.503 €
Familias de oito membros: 52.850 €
Cada membro adicional ao 8º 3.340 €