Ampliación de horarios das bibliotecas do Mar de Vigo e de Navia na época de exames

O alcalde deu conta do reforzo dos horarios das distintas bibliotecas da cidade adaptándoas ás necesidades dos estudantes nesta época de exames. No Mar de Vigo, con 400 postos de lectura -que se reducen pola situación covid -vaise ampliar o horario ata as 00,00h. A sala de Navia, con 144 postos de lectura, abrirá as súas portas de luns a domingo desde as 09,00h ata as 21,00h. Pola súa banda, a Casa do Patín -con 25 postos de lectura – estará habilitada de luns a venres en horario de 10,00 a 13,00 e de 17,00 a 21,00 h, mentres que a biblioteca Neira Vilas ten 42 postos de lectura operativos. Nun futuro, engadiu, sumarase a esta oferta a biblioteca de Teis e a do Estado, que se instalará na rúa Lalín.