Apadriñamento de Espazos Naturais

Xa está aberta a VI convocatoria de proxectos de Apadriñamento de Espazos Naturais, 2022-2023, programa do Proxecto LIBERA que facilita apoio económico e técnico a organizacións/asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades que favorezan a conservación de espazos naturais da súa zona, sempre coa prevención da basuraleza como elemento transversal.

As axudas de Apadriñamento teñen como obxecto a promoción e o apoio de accións destinadas á mellora da calidade ambiental das nosas contornas naturais levadas a cabo por entidades e organizacións non gobernamentais e sen ánimo de lucro. Para esta anualidade contarase cun máximo de 80 axudas nivel nacional. Un máximo de 5 Apadriñamentos plus de ata 3.000 euros, e o resto de ata 1.500 euros

Quen pode optar a estas axudas?
Todas aquelas organizacións, fundacións, asociacións, centros deportivos, etc., sen ánimo de lucro de ámbito local ou nacional e legalmente constituídas con capacidade de desenvolver accións de mellora ambiental cuxo campo de acción comprenda a área no que se van a desenvolver as actividades propostas.

Data límite presentación de propostas: 16 setembro de 2022.

Máis información: https://proyectolibera.org/movilizacion-littering-abandono-residuos/apadrinamientos/