Axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022.
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 14 de outubro de 2022.
O custo mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 euros.
De conformidade co establecido no artigo 43 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %; ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA