Axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un ERTE derivado do COVID19

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID-19 (código de procedemento TR820G).

A concesión das axudas priorizarase en función da duración da situación en ERTE durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 31 de xullo de 2021, de forma que terán prioridade as persoas que haxan estado máis días afectadas por un ERTE derivado da COVID-19, con suspensión total ou parcial do seu contrato, durante este período.

A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros por persoa beneficiaria, ata esgotar os fondos habilitados no orzamento previsto para este fin.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA