Axudas á ANPAS para comedores escolares

A Xunta de Galicia convoca axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.
As axudas económicas irán destinadas a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario ED601A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de outubro de 2024.
Máis información no DOG do 9 de setembro de 2024.