Axudas a asociacións para fomento do emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca axudas para fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítima de violencia para a realización de servizos de interese xeral e social co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Entidades beneficiarias:
Entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, cuxa actividade principal estea dirixida a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres.

prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de agosto de 2022.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR352A
Máis información no DOG do 21 de xullo de 2022.