Axudas á contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga)

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do formulario TR351F
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2021.
Máis información no DOG do 27 de abril de 2021.