Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

A Xunta de Galicia convoca axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións por parte de persoas mozas, así como para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de marzo de 2024.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A.
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2024 e en http://mediorural.xunta.gal

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os 18 anos e non teña cumpridos máis de 40 anos.