A Xunta de Galicia convoca axudas para a realización de programas de interese xeral que atendan fins de carácter social dirixidos á Xuventude e ao Voluntariado.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social* e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan, entre outros, os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación.
b) Para as liñas de xuventude: no caso das entidades de natureza asociativa, estar inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís; no caso das entidades de natureza fundacional, incluir especificamente entre o seu obxecto social e finalidade a realización de actuacións destinadas á protección, promoción e mellora da xuventude. Para as liñas de voluntariado: estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Carecer de ánimo de lucro.
Os programas desenvolveranse integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025.
O orzamento mínimo de cada programa será de 5.000 €.
Requisitos e importe dos programas e actuacións subvencionables:
a) Para a liña I: actuacións destinadas á xuventude:
– As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 20.000 €.
– As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 30.000 €.
Para a liña II: actuacións destinadas ao voluntariado:
– As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 3 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 15.000 €.
– As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 30.000 €.
c) Para a liña III: proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís:
– As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 10.000 €.
– As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 20.000 €.
d) Para a liña IV: proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria:
– As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 10.000 €.
– As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 20.000 €.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 17 de outubro de 2024.
Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT200A.
Máis información no DOG do 17 de setembro e en ceroseteirpf.xuventude@xunta.gal
* As entidades do terceiro sector de acción social son aquelas organizacións de carácter privado, xurdidas da iniciativa cidadá ou social, baixo diferentes modalidades, que responden a criterios de solidariedade e de participación social, con fins de interese xeral e ausencia de ánimo de lucro, que impulsan o recoñecemento e o exercicio dos dereitos civís, así como dos dereitos económicos, sociais ou culturais das persoas e grupos que sofren condicións de vulnerabilidade ou que se atopan en risco de exclusión social
Artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do Terceiro Sector de Acción Social.