Axudas a programas para a mocidade e o voluntariado

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social destinados ente outros, á mocidade e ao voluntariado con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española.

Liñas de actuación
Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica
Liña II. Actuacións de inclusión social
Liña III. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade
Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade
Liña V. Actuacións destinadas á mocidade
Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de outubro de 2022.

Máis información no DOG do 8 de setembro de 2022 e en https://politicasocial.xunta.gal/es