Axudas a titulados/as universitario/as en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario

Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22 (código de procedemento ED421A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. 

Orde do 15 de setembro de 2021 (DOG)

Extracto da Orde do 15 de setembro de 2021 (DOG)