Axudas alimentación do Concello de Vigo

O alcalde animou solicitar apoio económico do Concello a todas a todas aquelas persoas que teñan dificultade para comprar alimentos. A través do teléfono 010 (986 810 260 dende teléfono móbil), o goberno local entragará axudas e incluso realizará a compra a todos aquels cidadáns que o precisen porque “ninguén desta cidade vai quedar sen alimentos”.

De feito, o Concello de Vigo vén de implementar un dispositivo de reparto de comida a domicilio para as familias máis vulnerables e persoas maiores. O programa pretende evitar que as familias se vexan obrigadas a saír das súas casas e acudir aos comedores sociais e, deste xeito, permitir que estas familias cumpran coas medidas de confinamento para evitar contaxios.

O Concello repartirá a comida a domicilio en 8 furgonetas antes das 15,00 h, incluídas as fins de semana. A comida será elaborada polos comedores sociais da cidade e envasada en tupper.

Tal e como explicou Caballero, este servizo farase estensivo ás persoas sen fogar que foron realoxadas nos hoteis e hostais, para evitar que teñan que saír estes establecementos. O servizo comenza hoxe mesmo, atendendo nun primeiro momento a 150 familias, para ir incrementándose a todos os usuarios de comedores sociais.

Respecto das personas sen teito, desde a declaración de emerxencia, o Concello aloxou a un centenar de persoas. 38 están no albuergue municipal, 38, na Fundación Santa Cruz e 24 en hoteis ou hostais. Neste punto, o rexedor recoñeceu que existe unha dificultade dado que a normativa estatal obriga a estes establecementos a funcionar a un terzo da súa capacidade polo que podería haber problemas de espazo. En caso de que fora preciso, o goberno local habilitaría un pavillón para acoller a estas persoas.