Axudas ao aluguer

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual e convocar estas axudas para a anualidade 2021, que se tramitará co código de procedemento VI432E

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro. Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA