A Xunta de Galicia convoca subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021 en Galicia.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do formulario TR880A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
Máis información no DOG do 5 de xullo de 2023