Axudas ás ONGD para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na lexislación vixente de cooperación para o desenvolvemento.

Non se considerará agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a devandita organización ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes total ou parcialmente en todas as entidades agrupadas.

+Info: SEDE ELECTRÓNICA