Axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove

Convoca: Xunta de Galicia

Primeiro. Entidades beneficiarias
1. Grupos informais de entre 5 e 8 persoas mozas, debidamente identificadas, con ida-
des comprendidas entre os 18 e 30 anos e empadroadas na Comunidade Autónoma de
Galicia.
2. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas
respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten
sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades presta-
doras que formen parte da federación. Deberán estar inscritas no censo oficial dependente
organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Segundo. Obxecto
O establecemento das bases reguladoras para a concesión de axudas enmarcadas no
programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas
como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia que se
desenvolvan durante o ano 2023 e nas cales as persoas novas participen activamente na
planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria:

DOGA DO 1 DE FEBREIRO DE 2023
Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as
axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o
exercicio 2023 (código de procedemento BS306B).