Axudas Injuve para a Creación Nova 2021/2022

O Instituto da Mocidade, Injuve, convoca as Axudas Injuve para a Creación Nova.

Estas axudas están destinadas a mozos/as creadores/as dun máximo de 30 ou 35 anos de idade (en función da liña de actuación) para proxectos a desenvolver durante o ano 2022 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, musicais, literarias, deseño, cómic e ilustración.

Os proxectos presentados deben de incluírse nunha destas catro liñas de actuación:

Produción de obra: realización de proxectos artísticos con liberdade de formato e técnica (18 a 30 anos), ata 5.000 €.

Mobilidade de obra producida e/ou mobilidade de creadores en espazos especializados, xiras ou residencias (excepto estudos regrados) en ámbito nacional e internacional (18 a 30 anos), ata 5.000€.

Emprendemento para a creación nova: desenvolvemento de proxectos de emprendemento cultural cuxa finalidade sexa iniciar unha actividade ou manter unha de recente creación en ámbito nacional ou internacional (18 a 35 anos), ata 10.000 €.

Sala Amadís do Instituto da Mocidade:  comisariado de exposicións, programación talleres ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en grupo ou colectivo (18 a 35 anos), ata 7.000 €.

Quen poden solicitar as Axudas?

Persoas físicas e xurídicas, de nacionalidade española, e todas aquelas con residencia legal en España, que teñan entre 18 e 30 ou 35 anos de idade, segundo sexa o obxecto da axuda.

Cando se trate de proxectos nos que participen máis dunha persoa, o requisito de idade esixirase a todos os beneficiarios. No caso de grupos musicais e compañías de artes escénicas, o requisito de idade esixirase tanto á dirección artística como ao cadro de interpretación artística.

Cando se trate de persoas xurídicas, o requisito de idade esixirase ás persoas físicas que figuren como representantes nos seus órganos directivos no ano da convocatoria.

Prazo de presentación das solicitudes: ata o 4 de maio, 23:59 horas.

Forma de presentación: enviar a solicitude á Dirección Xeral do Instituto da Mocidade a través da sede electrónica do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (Ministerio de Sanidade), en: “sede electrónica” – “rexistro electrónico” – “índice de formularios” – “Instituto da Mocidade” – “Axudas  Injuve para a Creación Nova” (Agrupacións e Persoas físicas e xurídicas).

Se tes calquera problema técnico coa sede electrónica podes contactar con  cau-servicios@mscbs.es en horario de 8:00 a 17:00 h, de luns a venres.

IMPORTANTE: Debido á situación provocada pola COVID-19, non se atenderán consultas por teléfono, sendo estas exclusivamente a través do correo electrónico creacioninjuve@injuve.es

Máis información no BOE do 6 de abril de 2021