Axudas Municipais á Contratación

As presentes bases reguladoras e a convocatoria do programa de ”Axudas Municipais á Contratación” no marco da actuación municipal para o ano 2021, ten por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación das persoas traballadoras do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas traballadoras máis vulnerables o seu acceso ao emprego que permita mellorar o seu grao de empregabilidade na contorna da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:

A) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa Indefinidos)

B) Programa de incentivos á contratación (Programa Contratacións)

+Info: BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA