Axudas municipais á creación de empresas

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas físicas (autónomos/as) e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

Non poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.

Para acollerse a esta axuda a persoa física ou xurídica terá que iniciar a súa actividade empresarial no termo municipal de Vigo entre o 1 de abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022 (entendendo por inicio da actividade o alta no IAE), terá viabilidade técnica, económica e financeira e cumprirá coas obrigas e requisitos establecidos.

+Info: BOLETÍN OFICIAL PONTEVEDRA