Axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor 

Estas Bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2024-2025.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das axudas de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

+Info: BOLETÍN OFICIAL PONTEVEDRA