Axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil

Estas Bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2021-2022.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das axudas de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

Serán de dous tipos:

1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).

2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Estas axudas outorgaranse de acordo cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

+Info: DIARIO OFICIAL DE PONTEVEDRA