Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases que regularán a concesión de subvencións para fomentar a mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas nas edificacións residenciais colectivas existentes no termo municipal de Vigo, mediante a entrega, a fondo perdido, dunha axuda económica ás persoas propietarias que, cumprindo os requisitos desta convocatoria, promovan e executen ou teñan executado durante o período comprendido entre o 01 de xaneiro de 2022 e o 15 de outubro de 2023, actuacións de primeira instalación de ascensores, ramplas, plataformas elevadoras, varandas ou calquera outras obras ou instalacións que teñan por finalidade salvar os desniveis existentes entre a beirarrúa e o portal ou entre este e o ascensor, así como, dos descansos de entrada ás diferentes vivendas que integran o inmoble ou que, en xeral, supoñan unha mellora efectiva da accesibilidade ou a eliminación de barreiras en escaleiras e vestíbulos.
2023-04-25