Axudas para alumnado universitario con dificultades económicas

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2021/22, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos, motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos. 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED433A).

Prazo de presentación das solicitudes:
a) Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022).
b) Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida e, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2022.

Accede ao Texto da Convocatoria