Axudas para estudos na rede de reservas da biosfera de Galicia

Axudas para estudos e investimentos vinculadas á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.

O obxecto deste procedemento é a tramitación das axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural de zonas rurais cun elevado e contrastado valor natural como son as reservas da biosfera.

Así mesmo, a través desta orde convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2024 e 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva que serán cofinanciadas polo Feader.

A quen vai dirixido?

-Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo XII, que acompaña esta orde).

-Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde outras entidades locais e agrupacións de concellos.

-Son requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria os enumerados nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

-As axudas desta convocatoria aplicaranse ás actuacións que se desenvolvan en zonas rurais situadas en calquera das reservas da biosfera de Galicia, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Prazo de presentación :04/04/2024 – 03/05/2024 

Máis información:

Xunta de Galicia

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547240

Email: dxpn.cmatv@xunta.gal

Enlace Sede Electrónica Xunta de Galicia