Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida e por COVID-19

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, no curso académico 2020-2021, nas universidades de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico ou por unha situación derivada da COVID-19 que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Requisitos das persoas solicitantes:
1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21.
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A
Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2021 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.gal/portal/