Axudas para impulsar a formación de mulleres en postos de técnicas/adestradoras

O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar e apoiar a formación de mulleres nos postos de adestradoras ou técnicas nos clubs deportivos.

A contía total destinada a estas axudas é de quince mil (15.000,00) euros, con cargo á aplicación 21/340.3410.489.06 do vixente Orzamento provincial.

As axudas destinaranse aos ensinos deportivos oficiais de réxime especial e federativos, coa finalidade de formar técnicas deportivas nunha determinada modalidade ou especialidade.

O obxectivo dos ensinos deportivos é preparar o alumnado para a actividade profesional no sistema deportivo nunha modalidade ou especialidade deportiva nos niveis de iniciación, tecnificación e alto rendemento, e adaptar a súa formación ao mundo laboral e deportivo.

Nestas bases consideraranse adestradora ou adestrador e técnica ou técnico deportivo quen dispoñan da titulación oficial ou equivalente, de conformidade coa lexislación vixente.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA