Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica

 Esta orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación establece as bases reguladoras, que se xuntan no anexo I, para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

Así mesmo, por medio desta orde, convócanse as ditas axudas para o ano 2021.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA