Becas da Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Bolsas para estudantes que desexan cursar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos. Tras a interrupción ocasionada pola pandemia de COVID-19, o Programa convoca 400 bolsas para a edición 2022-2023, dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois.

Na súa edición 2022-2023, o Programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º da ESO de centros educativos españois, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Do total de prazas convocadas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia e 330 bolsas a estudantes de centros doutras Comunidades e Cidades Autónomas de España.

Durante o ano académico, os estudantes convivirán cunha familia no país de destino e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).

A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata ás 13:00 h do 27 de outubro de 2021.

Bases de Participación

Accede á información completa no seguinte enlace: Becas Fundación Amancio Ortega