Beret súmase ao cartel de Castrelos o 5 de agosto

Beret subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro sábado 5 de agosto para presentar na cidade os temas do seu novo disco “Resiliencia” dentro das festas de verán de Vigo.

Abel Caballero deu conta na rolda de prensa matinal da tramitación do expediente de contratación do concerto do cantante sevillano, artista que se caracteriza pola mestura de estilos como o pop, baladas, reguetón, ritmos latinos e sons urbanos. Neste último traballo destaca a colaboración con artistas como Estopa, Omar Montes, Reik, Morat e Malú.

Con Beret, xa se iniciou a tramitación de contratación de 5 dos concertos que acollerá Castrelos este verán, coas actuacións de Andrés Calamaro (8 de xullo); David Bisbal (15 de xullo); Pablo López (24 de xullo); Beret (5 de agosto) e Ana Mena (15 de agosto).