Xuventude

Bibliopraia

 

globo Información xeral

Os libros ao sol é unha campaña de fomento de lectura en galego organizada pola Concellería de Normalización Lingüística e pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo. Estaremos no paseo de Samil, na praia da Argazada, desde o día 2 ao 30 de xullo, de luns a venres, e en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 h. Nesta páxina poderás consultar a seguinte información:


Servizos que se ofertan:

  • Os libros que conforman a bibliopraia de Os libros ao sol. Poderás filtrar a busca por autor/a, editorial ou xénero e comprobar a súa dispoñibilidade.
  • A axenda de actividades que se desenvolverán ao redor da bibliopraia de Os libros ao sol: contacontos, música, xogos...

globo Normas de funcionamento

  • 1. Solicita o teu carné de usuario ou usuaria.
  • 2. Escolle a túa lectura e retíraa na caseta.
  • 3. Devolve o libro no horario establecido e nas mesmas condicións nas que o levaches.
  • 4. Recibirás no teu correo electrónico información das actividades e normas de funcionamento.

globo Actividades complementarias

  • Contos, xogos, música...
  • Láminas para pintar e recortar para a xente miúda
  • Premios e concursos
    • Agasallo de benvida por facerse usuario/a da bibliopraia.
    • Sorteos cotiáns de libros entre as/os lectoras/es.
    • Concursos semanais con agasallos.
      • Público infantil/xuvenil: comenta/pinta os teus libros.
      • Publico adulto: a mellor cita.
    • Premio final á persoa máis lectora.
      • Público infantil/xuvenil: lote de libros e regalos do SNL
      • Publico adulto: Historias para coñecermos Vigo e regalos do SNL

globo Axenda de contos, xogos e música

Día Hora Actividade
2/07 11:00 Eira Xandobeleira (xogos tradicionais). Xandobela Xogos
2/07 16:30 Eira Xandobeleira (xogos tradicionais). Xandobela Xogos
4/07 16:30 Carola, carteira centola. Polo correo do vento Contacontos
6/07 16:30 Travesías. Raquel Queizás Contacontos
9/07 16:30 4(catro). Ernesto Is Contacontos
11/07 16:30 A pita amarela e a estrela salgadiña. Mai lúa Contacontos
13/07 12:00 A xogar, cantar e bailar. Cé orquestra pantasma Xogos e música
13/07 16:30 Xarope de contos. Alumnado do COIV Cantofadas
16/07 16:30 Contos nas orellas. Bea Campos Contacontos
18/07 16:30 A música da auga. Anxo Moure e Servando Barreiro lúa Música e contos
20/07 16:30 Eira Xandobeleira (xogos tradicionais). Xandobela Xogos
23/07 16:30 Mariña, contos que nacen no mar. Raquel Queizás Contacontos
27/07 16:30 Un sombreiro de contos. Miguel A. Alonso Diz Contacontos
27/07 20:00 A xogar, cantar e bailar.Cé orquestra pantasma Xogos e música
30/07 16:30 Bailar nas nubes. Soledad Felloza Contacontos
30/07 20:00 Pakolas en concerto.Pakolas Música