Bolsa no Instituto de Astrofísica de Canarias

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca unha bolsa para a formación en comunicación e divulgación da cultura científico-técnica..

A súa finalidade é a de formar a estudantes ou recentemente titulados ou tituladas nas tarefas de información, comunicación e divulgación da cultura científico-técnica nun centro de investigación cuxo fin é a investigación astrofísica.

A duración será de tres meses (entre decembro, xaneiro e febreiro).

Está destinada a recentemente titulados ou tituladas (curso 2020-2021) de grao ou estudantes ou recentemente titulados de máster universitario (curso 2020-2021). Os estudos universitarios requiridos terán as seguintes características:
Ámbito curricular do título/títulos académicos: Ciencias da Información e Comunicación (Preferentemente especializado en xornalismo científico).

A dotación das Bolsas é de 700 euros brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe que se abonará nun pago único cuxa contía dependerá do lugar de residencia do beneficiario. O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de accidente.

Prazo: 4 de novembro de 2021
Máis información no BOE do 20 de outubro de 2021 e en https://www.iac.es/es/ofertas-de-trabajo