Bolsas 2023 en Máster, Grao ou FP para persoas con discapacidade

A Fundación Adecco convoca Bolsas 2023 en Máster, Grao ou FP para persoas con discapacidade

Requisitos: Persoas nadas entre 1993 e 2007, que conten cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% e que teñan matrícula en vigor no curso 2023-2024.

A convocatoria está dividida en dúas ramas: novos candidatos (‘Queremos coñecerte’) e beneficiarios de convocatorias anteriores (‘Queremos saber máis de ti’).

Ambos terán que presentar a mesma solicitude, pero a valoración para axudas de quen xa gozasen anteriormente dunha bolsa completarase cunha entrevista persoal para detectar necesidades especiais que a persoa poida presentar e ás que poidan darse resposta de maneira complementaria á bolsa.

O prazo estará aberto ata o 2 de outubro de 2023 ás 09:00h.