Bolsas AIE para estudos musicais 2021/2022

A Sociedade de Artistas AIE convoca o Programa de BECASAIE para a realización de estudos en destacadas escolas de música ou para ampliar a formación dos músicos en España ou no estranxeiro, para o curso 2021/2022.

As bolsas están destinadas a alumnos de estudos musicais de Grao Medio ou Superior, dependendo da bolsa, ou a profesionais da música en activo con independencia do instrumento ou modalidade obxecto de estudo, incluíndo a voz, dirección de orquestra ou as novas tecnoloxías.

Prazo: 23 de abril de 2021