Bolsas CAPAZ para persoas con diversidade funcional 23-24

Bolsas CAPAZ de Atresmedia xunto a Fundación Universia para persoas con diversidade funcional 23-24

Atresmedia xunto a Fundación Universia convoca 30 bolsas para persoas con diversidade funcional para estudar un dos cursos ofertados por Atresmedia Corporación a través do catálogo dispoñible na súa páxina web https://www.atresmediaformacion.com/cursos .

As formacións teñen un custo entre 200 e 400 euros aproximadamente. As bolsas cobren o 80% deste custo e o 20% restante será asumido polo estudante.

Destinatarios/as: Persoas con diversidade funcional

Requisitos:
– acreditar unha diversidade funcional igual ou superior ao 33%
– ser maior de idade
– ser residente en España


Para participar hai que achegar un Currículo Vitae actualizado e ser usuario na plataforma de Bolsas Santander (https://app.bolsas-santander.com) e atópense inscritos/as na convocatoria correspondente do Programa.

O Foro de Selección considerará e avaliará os seguintes criterios de selección:
– O Currículo vitae actualizado
– A diversidade funcional acreditada, tipo e grao.

De maneira adicional, valoraranse positivamente aquelas candidaturas que teñan formacións (formación profesional ou grao universitario) relacionadas con Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Marketing, Publicidade e Relacións Públicas ou similares.

Convoca:
Atresmedia corporación de medios de comunicación e Fundación Universia

Máis información:
Páxina web