Bolsas de formación para titulados/as en ciclos formativos de acuicultura

A Consellería do Mar convoca bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura; e 4 bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos

Requisitos:
Alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PE601C
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2021.
Máis información no DOG do 27 de abril de 2021 e en https://mar.xunta.gal/