Estas bolsas terán unha duración mínima de dous meses e máxima de doce.
Requisitos:
-Estar matriculado/a no curso académico 2023-2024 nalgunha das titulacións oficiais de grao, mestrado ou doutoramento que se ofertan na Universidade de Vigo.
-O alumnado deberá estar matriculado na Universidade de Vigo no curso académico no que realice a estadía.
-Non realizar máis de 12 meses de estadía Erasmus nas diferentes modalidades (estudos e prácticas) durante o mesmo ciclo de estudos (grao, mestrado ou doutoramento).
-Certificación dun nivel mínimo de B1 de coñecemento de idioma para os países nos que non se imparta docencia en castelán.
-Cumprir cos requisitos específicos da oferta para cada país asociado…
Dotación:
Contía por apoio individual para a mobilidade física: 700-950€
Páxina web: secretaria.uvigo.gal
Contacto:
Universidade de Vigo. Oficina de Relacións Internacionais (ORI)
Edificio Miralles. As Lagoas, Marcosende. 36310- Vigo
tel.:986 813 751
e-correo: ori@uvigo.gal