Bolsas de investigación da Fundación Alfonso Martín Escudero

A Fundación Alfonso Martín Escudero convoca 40 bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación no estranxeiro, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas: Ciencias do Mar, Agricultura e Gandería, Ciencias da Saúde e Tecnoloxía dos Alimentos.

Requisitos:
– Nacionalidade española.
– Posuír o título de doutor de calquera universidade española ou de especialidade en Medicina (MIR), Bioloxía (BIR), Farmacia (FIR), Psicoloxía (PIR), Química (QUIR) ou Radiofísica Hospitalaria.
– Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.
– Posuír un bo coñecemento do idioma do país receptor ou ben de calquera outro idioma que permita unha comunicación fluída no centro de investigación.

Prazo: 14 xuño de 2021 ás 14 horas.

Máis información