Bolsas de máster para a mocidade do exterior

A Xunta de Galicia convoca 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade galega.

Requisitos:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir fóra de España.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Estar vinculado a Galicia dalgún destes xeitos:
– Ser emigrante nacido/a en Galicia.
– Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
– Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.

Requisitos que se deberán cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:
– Estar matriculado/a no curso 2024/25 nun máster universitario dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos ECTS, a matrícula dos 30 créditos ECTS restantes, correspondentes ao curso 2025/26, realizarase e acreditarase no mes de setembro do ano 2025.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2025 ás 23.59 horas (hora peninsular española).
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2025 e en https://emigracion.xunta.gal