Bolsas de Patrimonio Nacional

Patrimonio Nacional convoca oito bolsas para posgraduados

Persoa beneficiarias:
Titulados/as universitarios/as superiores (enxeñería, arquitectura, licenciatura, grao ou equivalente) na área de coñecemento requirida para a bolsa que se solicite e cuxa titulación fose obtida no curso académico 2015/2016 ou posterior.

Especialidades e titulacións esixidas:
– Bolsas n.º 1 e 2: Formación en comunicación institucional e difusión de contidos vinculados a Patrimonio Nacional.
Titulación esixida: Licenciatura ou Grao en Xornalismo, en Comunicación audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas ou Produción Audiovisual.
Adscrición: Unidade de Apoio a Presidencia. Dirección de Comunicación.
– Bolsa n.º 3: Restauración de reloxos das Coleccións Reais do Patrimonio Nacional.
Titulación esixida: Enxeñería, Licenciatura ou Grao, con Máster en Restauración/Conservación de reloxos de época ou antigos e similares ou experiencia profesional en talleres de reloxería.
Adscrición: Dirección das Coleccións Reais. Departamento de Restauración.
– Bolsa n.º 4: Investigación, conservación e catalogación documental de bens mobles histórico-artísticos das Coleccións Reais en Patrimonio Nacional.
Titulación esixida: Licenciatura ou Grao en Xeografía e Historia ou en Historia da arte, e Máster ou Doutoramento en Museología ou en Xestión do patrimonio artístico e cultural.
Adscrición: Dirección das Coleccións Reais. Departamento de Conservación.
– Bolsa n.º 5: Desenvolvemento documental dos plans de conservación preventiva.
Titulación esixida: Arquitectura Superior, con manexo de programas informáticos AUTOCAD.
Adscrición: Dirección de Inmobles e Medio Natural. Departamento de Arquitectura e Xardíns.
– Bolsa n.º 6: Desenvolvemento de plans sanitarios integrais de fauna cinexética, ornamental ou silvestre, e procesado e análise de datos resultantes de probas de diagnóstico de enfermidades infecto-contaxiosas.
Titulación esixida: Licenciatura ou Grao en Bioloxía ou Veterinaria.
Adscrición: Dirección de Inmobles e Medio Natural. Departamento de Arquitectura e Xardíns.
– Bolsa n.º 7: Formación en xestión da programación de actividades musicais e en investigación musicológica en Patrimonio Nacional.
Titulación esixida: Licenciatura ou Grao en Historia ou Ciencias da Música ( Musicología ou similar) e Máster en Patrimonio musical ou equivalente.
Adscrición: Dirección de Actos Oficiais e Culturais.
– Bolsa n.º 8: Formación en xestión de actividades pedagóxicas, didácticas e educativas en Patrimonio Nacional.
Titulación esixida: Licenciatura ou Grao en Historia da arte ou en Ciencias da Educación ou Pedagoxía e Máster de Formación do profesorado, ou en Marketing dixital e Social-media, ou Xestión de Redes Sociais e Community Management, ou Xestión Cultural, ou en Educación en Museos e espazos culturais ou similares.
Adscrición: Dirección de Actos Oficiais e Culturais
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2021.
Máis información no BOE do 26 de maio de 2021 e en http://www.patrimonionacional.es/contratacion/becas