Bolsas de prevención de riscos laborais

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo convoca 15 bolsas para o desenvolvemento e execución de proxectos en materias e técnicas de prevención de riscos laborais, durante un período de doce meses prorrogable por outros doce:

3 bolsas para o Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona.
3 bolsas para o Centro Nacional de Novas Tecnoloxías de Madrid.
4 bolsas para o Centro Nacional de Medios de Protección de Sevilla.
3 bolsas para o Centro Nacional de Verificación de Maquinaria de Baracaldo.
2 bolsas para os Servizos Centrais do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo de Madrid.

Requisitos: titulación de grao obtida no curso académico 2010-2011 ou posteriores.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de outubro de 2021.
Máis información no BOE do 5 de outubro de 2021.