Bolsas en Bruxelas da Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa convoca 4 bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na súa sede de Bruxelas.

Bolsas:
3 bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario
1 bolsa de formación dirixida a persoas cun título de técnico superior de formación profesional

As 4 bolsas son para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.
O obxectivo das bolsas é permitir ás persoas beneficiarias familiarizarse cos asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega e, en última instancia, facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Modalidades de bolsas:
a) 2 bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios dende unha perspectiva galega.
b) 1 bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
c) 1 bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.

Cada persoa bolseira cobrará 16.500 euros.
Axuda de desprazamento para gastos de viaxe a cada bolseiro: 500 euros

Requisitos:
Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
Posuír o título académico necesario ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do dito título.
Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria:
a) Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega, é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
b) Para a bolsa de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
c) Para a bolsa de prácticas de secretariado e apoio administrativo, é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de xuño de 2024.
Máis información no DOG do 16 de maio de 2024 e en https://fundaciongaliciaeuropa.eu/categoria/actividades/bolsas/