Bolsas Fulbright de investigación predoutoral en EE.UU.

Convócase 7 bolsas para realizar investigación predoutoral en universidades ou centros de investigación de Estados Unidos en calquera disciplina, durante un período de entre seis e doce meses:

Requisitos: titulados/as superiores españois que estean a realizar o doutoramento en España e estean interesados/as en levar a cabo proxectos de investigación predoctoral en EE.UU.
É imprescindible dispoñer dunha carta de invitación dunha institución estadounidense para presentarse como candidato/a a esta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 11 de xaneiro de 2022.