Bolsas Fulbright para estudar un máster ou doutoramento en Estados Unidos

Fulbright España abriu a convocatoria de bolsas para estudar un máster ou facer o doutoramento en Estados Unidos. Para o curso 2025-2026 ofrece 17 bolsas para a ampliación de estudos de posgrao en universidades estadounidenses.

Requisitos
-Ter nacionalidade española.
-Contar cun título superior obtido entre xaneiro de 2017 e setembro de 2024.
-Ter un excelente coñecemento do idioma inglés.
-Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/ou a presentación dos resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT).

Dotación
-Viaxe de ida e volta e gastos varios de primeira instalación: $1.300. No caso de que o bolseiro asista a un curso preacadémico: $1.600.
-Asignación mensual de entre $2.830 e $4.300.
-Gastos de matrícula e taxas obrigatorias ata un máximo de $35.000 anuais para programas de máis de 12 meses e ata un máximo de $40.000 para programas dun máximo de 12 meses de duración.
-Seguro médico e de accidentes.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 15 de abril de 2024.

Máis información
https://fulbright.es