Bolsas Google Europe para estudantes con discapacidade

Google Europe ofrece 10 bolsas a estudantes de informática, enxeñería informática ou unha disciplina técnica estreitamente relacionada nunha universidade de Europa que teñan algunha discapacidade.

Este programa ten como obxectivo axudar a acabar coas barreiras que dificultan aos estudantes con discapacidade desenvolver as súas habilidades no ámbito informático, alentalos a sobresaír nos seus estudos e converterse en modelos activos e líderes na creación de tecnoloxía.

Cada bolsa está dotada con 7.000 € para cubrir os gastos de matrícula, cotas, material e equipo necesario para a alumna ou o alumno.

As persoas que queiran solicitar unha destas bolsas deben ter 18 anos e contar cun bo expediente académico.

Poderanse presentar solicitudes para o curso 2021/2022 ata o 31 de decembro de 2020.

https://buildyourfuture.withgoogle.com/scholarships/google-students-with-disabilities-scholarship/