Bolsas Máster CNIC ACCIONA 2021

O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III convoca as axudas do Programa de Bolsas Máster CNIC ACCIONA 2021 para cursar un master oficial en biomedicina nunha universidade pública española, completando as prácticas do TFM nun laboratorio do CNIC.

Tras a realización do Máster, e en función dos resultados, con avaliación positiva polo xefe de grupo e avalado pola dirección científica do CNIC, o CNIC poderá ofertar ao beneficiario, un contrato laboral de ata dous anos de duración co obxectivo de profundar na súa formación científica.

Concederanse 9 bolsas.
Os candidatos de fóra da Counidade de Madrid percibirán unha subvención mensual de 800 € durante os 12 meses de duración do período formativo.

Requisitos:
Ser graduado/a en ciencias do campo da biomedicina e disciplinas relacionadas e estar en posesión da titulación necesaria para acceder aos estudos de Máster.
A data límite para a recepción de solicitudes é o día 21 de xuño de 2021.
Máis información no BOE do 4 de xuño de 2021 e en https://www.cnic.es/es/convocatoria/becas-master