Bolsas no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca 11 bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro.

Bolsas:

1. Unha bolsa para o proxecto Bibliografía da literatura galega.
Título de licenciatura en Filoloxía Galega ou Galego-Portuguesa ou o grao en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; Linguas e Literaturas Modernas (con maior ou minor en Lingua e Literatura Galegas) ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.

2. Dúas bolsas para o proxecto Fraseoloxía Galega.
Coñecemento da lingua galega acreditado cunha titulación como: Licenciatura en Filoloxía Galega ou grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Lingua e Literatura Españolas, con minor ou módulo complementario en galego; grao en Linguas Modernas, con minor ou módulo complementario en galego; licenciatura ou grao en Tradución e Interpretación (con galego e máis unha lingua estranxeira); ou a mesma titulación universitaria pero con distinta denominación, dependendo da universidade de procedencia.
Coñecemento acreditado dunha lingua estranxeira (inglés, francés, alemán, portugués etc.) cun nivel mínimo B2.

3. Unha bolsa para o proxecto Corpus de referencia do galego actual (CORGA).
Licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Inglesas; en Lingua e Literatura Modernas (Francés, Italiano, Románicas e Portugués); en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.

4. Unha bolsa para o proxecto Cantigas de Santa María.
Licenciado/a ou graduado/a en calquera titulación da área de Humanidades, con formación específica en estudos medievais.
Acreditar ter cursado algunha materia específica ou curso formativo de literatura medieval.
Ter aprobado algunha materia ou curso formativo de crítica textual ou ben acreditar formación ou experiencia en edición de textos, preferentemente, textos medievais.
Acreditar coñecementos de XML-TEI.
Acreditar a asistencia ou participación activa (comunicación) en congresos, seminarios, coloquios do ámbito da literatura medieval, preferentemente da literatura galega medieval.

5. Unha bolsa para o proxecto Prosa literaria medieval.
Licenciado/a ou graduado/a en calquera titulación da área de humanidades, sempre e cando acredite formación específica en estudos medievais.
Participación (asistencia e/ou comunicación) en simposios, seminarios ou congresos especializados, publicacións científicas, etc., relacionados coa análise textual na literatura románica medieval.

6. Unha bolsa para o proxecto Terminoloxía científico-técnica.
Licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación dependendo da universidade de procedencia.
Posuír coñecemento de inglés ou de francés equivalente ao nivel B1.
Ter formación, polo menos elemental, en terminoloxía ou en lexicografía (demostrable mediante a superación dalgunha materia, publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos, etc.).

7. Unha bolsa para o proxecto Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala.
Licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, en Enxeñaría de Telecomunicacións, en Física, en Informática, en Matemáticas, ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.
Coñecemento de inglés equivalente ao nivel B1.

8. Unha bolsa para o proxecto Base de datos do ALIR.
Licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica, Filoloxía Francesa ou Filoloxía Italiana ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación dependendo da universidade de procedencia.
Ter coñecementos de lingua francesa polo menos equivalente ao nivel B1.

9. Unha bolsa para o proxecto Dicionarios de literatura.
Licenciado ou graduado en Teoría da literatura, en calquera filoloxía, en xornalismo ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.
Posuír coñecemento de inglés ou de francés equivalente ao nivel B1.
Acreditar a participación en publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos, etc., obrigatoriamente no ámbito da teoría literaria ou literatura comparada.
Acreditar a elaboración dalgún traballo académico universitario ou xornalístico en galego.

Requisitos:
Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude.
Ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007-2008 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.

data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2022 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2024.
contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes

As solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento PL500D e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades www.cirp.es
prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 22 de agosto de 2022

Máis información no DOG do 22 de xullo de 2022 e en www.cirp.es