Bolsas no Instituto Galego da Vivenda e Solo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca bolsas de formación.

As bolsas que se convocan son as seguintes:
– Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
– Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
– Seis bolsas para persoas con grao en Dereito.
– Unha bolsa para persoas con grao en Economía.

Requisitos:
– Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.
– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.

A solicitude realizarase na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co procedemento VI440D
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xullo de 2024.
Máis información no DOG do 3 de xuño de 2024 e en https://igvs.xunta.gal/portada