Bolsas no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convoca bolsas para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:

a) 2 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) 2 bolsas de formación en comunicación institucional.
c) 2 bolsas de formación en publicacións.
d) 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
f) Unha bolsa adicional destinada a persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % para contribuír á formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas, con titulación universitaria ou formación profesional.

As solicitudes poderán presentarse ata o 9 de novembro de 2021
Máis información no DOG do 8 de outubro de 2021 e na páxina web do Parlamento de Galicia www.parlamentodegalicia.gal