Bolsas par estudos e para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades convocan bolsas para cursar estudos de FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios; bolsas para estudos universitarios de grao e máster; e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Podes solicitar unha bolsa para cursar estudos de FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2021-2022 nalgún dos seguintes niveis:
– Bacharelato
– Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
– Formación Profesional de grao medio e de grao superior
– Ensinos artísticos: profesionais e superiores
– Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
– Ensinos deportivos
– Estudos relixiosos superiores
– Formación Profesional de Grao Básico


Podes solicitar unha bolsa para cursar estudos universitarios se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2021-2022 nalgún dos seguintes niveis:
– Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas)
– Ensinos universitarios para títulos de grao e de máster. Están incluídos:
estudos de grao e máster en centros universitarios da Defensa e da Garda Civil,
créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter o título de máster ou grao.


Pola súa banda, as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:
– Discapacidade
– Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe
– Trastorno do espectro autista
– Altas capacidades

Prazos:
– Bolsas non universitarias: 30 de setembro.
– Bolsas universitarias: 14 de outubro.
– Axudas de apoio educativo: 30 de setembro.

Máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html